Hehe! Grazas polo teu comentario ^^ Agrádanos moito que che gustase o noso xogo.
Entendemos que nunha Game Jam tan específica estaban a valorar aspectos que non sempre casan necesariamente con outras partes como a estética o deseño, ou a xogabilidade, que foi onde coido que nos centramos máis. Tiñamos por exemplo pendente unha mecánica moi chula relacionada coa esfera de Bloch, pero non tivemos tempo para achegala, o que nos lastrou bastante a mecánica, quedando un xogo moi chulo pero tamén simple (que non sempre ten que ser malo, pero que quizais non casaba tanto co que buscaba o xurado).
Hai que quedarse co importante. Pasalo ben, aprender moito, coñecer xente que fai cousas chulas…