This jam is now over. It ran from 2026-02-06 11:00:00 to 2026-02-13 22:59:59. View 20 entries

INSCRICIÓNS PECHADAS

*78 Inscrit@s!

Benvid@s á BrinQo Quantum Jam, unha game jam sobre computación cuántica! O obxectivo deste evento é que vos adentredes no mundo das tecnoloxías cuánticas a través da creación dun videoxogo. Importante: NON é preciso contar con coñecementos previos en computación cuántica, nin con experiencia no deseño de videoxogos.

Haberá premios para os mellores xogos e obsequios para todos os participantes que acudan presencialmente. Non deixedes pasar a oportunidade e apuntádevos!

LIGAZÓN Á CANLE DE DISCORD:Servidor de Discord da BrinQo

Ligazón á páxina do Cesga: BrinQo - Quantum Computing Game Jam

Axenda

Venres 6 de febreiro. Xornada de apertura PRESENCIAL nos campus universitarios de Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense da USC, UDC e UVigo, respectivamente. En cada sede, a celebración presencial só terá lugar se se conta cun mínimo de 8 participantes. Haberá un máximo de 28 prazas por sede e a selección farase por orde de rexistro. En caso de non poder asistir presencialmente, poderá seguirse o evento de maneira telemática.

  • Sesión de mañá - de 9:30h a 14:00h.
    • 9:30-10:00h: Recepción das persoas participantes e presentación do evento.
    • 10:00-10:40h: Presentación de Lois Orosa (Cesga) + "Qmio: o ordenador cuántico do Cesga", Mariamo Mussa Juane (Cesga).
    • 10:40-11:15h: Presentación de Evert van Nieuwenburg (Leiden University).
    • 11:15-12:00h: Pausa café.
    • 12:00-13:00h: "Mundo cuántico", Javier Mas (Igfae-USC).
    • 13:00-14:00h: "Casos de uso de tecnoloxías de inspiración cuántica en problemas de optimización combinatoria", Raquel Alfonso (Fsas Technologies – Fujitsu).
  • Xantar - de 14:00h a 15:00h.
  • Sesión de tarde - de 15:00h a 20:00h. 
    • 15:00h-16:00h: "Do concepto ao xogo: claves de deseño e traballo en equipo nunha game jam”, María Luz Castro (UDC).
    • Formación dos grupos e posta en marcha dos proxectos.

A partir do venres 6 poderedes desenvolver os vosos xogos e teredes ata o 13 de febreiro para entregalos. Habilitarase unha canle de Discord coa que poder comunicar problemas ou dúbidas que poidan xurdir ao longo do desenvolvemento das propostas.

Condicións e requisitos

  • Permítese a participación de toda persoa maior de 18 anos.
  • Os equipos estarán formados por un máximo de 4 persoas.
  • Os xogos deberán relacionarse coa computación cuántica a través dalgunha das seguintes formas para poder ser valorados:
    • O deseño gráfico ou a estética do xogo fan referencia a elementos do ámbito da computación cuántica.
    • As regras ou a dinámica do xogo imitan ou inspíranse en comportamentos cuánticos, isto é, en fenómenos como o entrelazamento ou a superposición.
    • O videoxogo emprega un computador ou emulador cuántico, como por exemplo para definir variables internas con aleatoriedade cuántica ou para executar algunha acción do xogo.
  • Os proxectos presentados deberán subirse a esta plataforma a través do apartado “Submissions” e deberán poder descargarse dende esta aplicación (poderán ser para Windows ou web). Ademais, deberán ir acompañados dun texto no que se explique a relación do mesmo coa temática da jam.
  • Limítase a un terzo a proporción de material de creación non propia incluído no proxecto. Deberá indicarse cal é este material.
  • O período de entrega dos xogos á plataforma abrirase o venres 6 de febreiro e pecharase o venres 13 de febreiro ás 23:59h.
  • A avaliación dos xogos levarana a cabo profesionais do ámbito das tecnoloxías cuánticas e do mundo do videoxogo. Os premios poderán declararse desertos e a decisión do xurado é inapelable.
  • A entrega dos premios está prevista para o xoves 26 de febreiro nas instalacións do CESGA. En caso de non poder asistir, as persoas participantes poderán recollelo posteriormente no CESGA.
  • A propiedade intelectual do contido creado en cada xogo será propiedade dos participantes do equipo.

Código de conduta

  • As persoas participantes comprométense a respectar as condicións e requisitos expostos anteriormente.
  • As persoas participantes comprométense a respectar as normas de convivencia tanto nos encontros presenciais como nos foros de comunicación habilitados.
  • As persoas participantes comprométense á realización de xogos coa fin de fomentar a súa creatividade, respectando o dereito de autoría e reprodución de todas as compoñentes activas empregadas para a realización dos xogos.
  • En ningún foro de comunicación nin nos xogos se tolerará ningún comportamento inapropiado, como poden ser a incitación á violencia, ou que resulte irrespectuoso ou discriminatorio.

Materiais e recursos

  • Nov@ neste mundo?
  • Plataformas para creación de videoxogos :
    • Sen código.
      • GB Studio: motor de xogos para Game Boy (permite gardar como HTML), gratuito e visual.
      • GDevelop: motor de xogos 2D e 3D, gratuíto e de código aberto. Ademais de ser moi intuitivo e visual, permite incluír código en JavaScript.
      • Construct 3: motor de xogos 2D e 3D, intuitivo, gratuíto (aínda que con funcións limitadas) e que funciona directamente no navegador. Permite incluír código en JavaScript.
      • GameMaker: motor 2D, gratuíto (aínda que con funcións limitadas) e intuitivo. Admite unha linguaxe de scripting propia chamada Game Maker Language (GML).
      • Bitsy: motor para facer pequenos xogos tipo walking simulator en 8bits.
      • Twine: ferramenta gratuíta e de código aberto para facer ficción interactiva en forma de páxinas web.
    • Con código.
      • Godot: motor gratuito para xogos 2D e 3D (soporta GDScript, C#, and C++).
      • pygame: libraría para crear videoxogos con Python.
      • Unity: motor gratuíto para xogos 2D e 3D (soporta C#).
      • Unreal: motor gratuíto para xogos 3D (soporta C++).
    • Para incluír código en Qiskit (SDK para deseñar e executar programas en ordenadores cuánticos), podedes visitar este repositorio. A forma máis directa sería empregando pygame ou Unity (Quantum Computing Unity) para o desenvolvemento do xogo.
  • Materiais cuántica:
    • Un documento con algúns conceptos básicos sobre computación cuántica: Guía cuántica


Contactos para máis información

Para máis información podedes contactar con: acandal@cesga.es ou afgonzalez@cesga.es


Submissions(20)

All submissions
·
Browser playable (10)
·
Windows (9)
Linux (3)

No submissions match your filter

Un juego de puzles sobre mecánicas cuánticas.
Puzzle
Puzzle
Play in browser
BrinQJam 2026.
Platformer
Play in browser
The most quantum card game.
Card Game
qlick qlick
Play in browser
La primera regla del mundo cuántico es que nadie entiende el mundo cuántico.
Play in browser
Parece que Schrödinger necesita tu ayuda para que rescates a su gato. ¡Échale una mano!
SUPERPONE tu jugada. ENTRELAZA tu destino.
Strategy
Unha versión de Catán con mecánicas cuánticas
Xogo creado para a BrinQo Quantum Jam (2026)
Puzzle
Play in browser
2D side-scrolling retro fighting game para dos jugadores con ambientación espacial.
Fighting
Play in browser
Lidia con un grupo de excéntricos científicos en un farming sim cuántico donde nada está decidido...
Simulation
Play in browser
Educational
Play in browser
Unha gata gallega mete a pata con algunhas tecnoloxías cuánticas e agora tes que rescatala
Play in browser
The quantic rpg card game
Card Game
Play in browser
La versión cuántica del clásico juego de cartas. El mus que todos los físicos estaban esperando.
Card Game