Só cheguei ata o nivel 6, porque a dificultade do xogo é un pouco elevada. Está moi interesante, volverei a probalo con máis tempo. Sen dúbida as mecánicas amosadas no xogo están bastante ben, pero a curva de aprendizaxe debería ser máis suave, ter textos ingame (non só ao principio) e si que boto en falta un selector de niveis (entendo que nunha Game Jam son cousas menos importantes que o pulido dos puzzles).
Noraboa!