Skip to main content

Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines
(3 edits) (+1)

image.png

Encántame a arte feita a man para o videoxogo. Fáltalle algo de texto (historia, contexto), tanto sobre o que sucede como de historia ingame. Unha mágoa, porque cun pouco máis de traballo nese sentido sería unha proposta moi sólida.

Tamén que non “acabe” o xogo, unha vez atopas o ghato fedello, hehe (polo menos, unha vez con el non podía moverme apenas).

Noraboa por un arte e unha proposta orixinais.

(+2)

Moitas grazas polo feedback! É certo que eu e a miña compañeira tiñamos ideas bastante máis completas e ambiciosas para o xogo, pero polo tempo non puideron ser moitas cousas. Pero polo menos quedamos satisfeitos no sentido de que puxemos unha proposta un pouco orixinal e porque decidimos facer unha estética un pouco distinta (aínda que igual saiunos o tiro pola culata co do tempo jajaja)

(+1)

Como a todos, non vos preocupedes. No noso caso tiñamos pensadas máis mecánicas e historia… E tivemos que reducir o marco bastante, hehe. O dito, a orixinalidade dun espazo procedural feito a man e usar recursos debuxados en papel é algo fantástico ^^

(2 edits)

Boa idea o do texto. Gracias polas observacions!

Deleted 7 days ago
(2 edits) (+1)

Graciasss! Quixemos facer un guiño a Mariamo Mussa Juane, PhD facendo bocetos rápidos e usando as mesmas cores nos elementos ca no seu debuxo do Qumio. Tamen era un xeito de homenaxear a "ilustración tradicional"  nun contexto no que compite coa producida pola "IA". Inspireime na Santa Compaña e na Arquitectura Galega pra a casa e o monstruo dando protagonismo a Galicia. Foi divertidísimo facer equipo con kaniko7. Debuxar a contrareloxo ata o último minuto facendo equipo molou un montón. Kaniko7 e o millor compañeiro que podes ter!!!!

(+1)

Hehehe, que fantástico!! O contexto deste comentario fai o voso proxecto aínda mellor ^^

(+1)

Ti si que es ainda millor! Moitas gracias polos teus comentarios positivos e por darle tan boa vibra o concurso probando e comentando todolos games!