A idea está especialmente chula, pero como xogador ocasional resúltame bastante complicado de entrelazar canal e porta hehe. Son un pouco zoupón para este tipo de xogos.
Se cadra podería haber un selector de dificultade, ou meter niveis, cunha canción máis pausada, menor velocidade de caída e aumento do tempo no que podes aplicar as portas. Tamén podería comezarse cun único canal, logo con dous…
Outro punto a favor sería ter un titorial interactivo que ensine a mecánica do xogo e os conceptos de computación cuántica que transmite (pero sendo unha jam, conseguir que o xogo teña unha mecánica tan chula e adaptado ao tema… xa é un todo un reto conseguido). Mágoa non ter tamén posto un sistema de puntuación final (pero o mesmo, é unha jam).
Noraboa pola idea!