É sorprendente como o xogo representa un circuíto de programación cuántica e como transmite a inversión de posicións 0 e 1. De todas formas, precisa de bastante pulido nas mecánicas e nas explicacións. Tamén conta con algúns problemas de visualización (o texto verde, que supoño que é o final, está completamente cortado). No apartado de arte tamén é algo frouxo, pero é normal tendo en conta o limitado do tempo da jam ^^!
A premisa é moi interesante. Con máis traballo si pode converterse nun interesante proxecto para explicar algúns conceptos da computación cuántica.