Curioso xogo de combate 1v1 pixel art 2D con elementos de cuántica para a anomalía. O suficientemente desafiante para xogalo unhas cantas veces. Tamén conta cun breve texto de historia inicial para darlle contexto, o que é de agradecer.
A mecánica de combates funciona bastante ben e conta con 4 espazos distintos (o último xerado procedimentalmente), o cal é impresionante.