Skip to main content

Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines
(1 edit) (+2)

Xogada versión web. Sen dúbida o humor cuántico é o que máis caracteriza este xogo. Xa sexa en pezas de baño, cadeiras universitarias ou axendas que provocan bancarrotas, botei unhas cantas gargalladas e flipei coas distintas descricións e modificacións do personaxe.

Aínda que reunín algunhas pezas, non fun capaz de rematar o xogo. Chegou un momento que a miña paciencia colapsou en cero… XDD Non poder saber cantas pezas faltan ou que poidas ir polo “monte a través”, rompían un pouco a experiencia no meu caso.

(+2)

Boas, grazas polo teu comentario cuántico. Sobre o de ir "monte a través" decatámonos cando o tiñamos subido PERDÓN, somos a vergonza do debugueo. En canto ao de saber as pezas, Quantonio menciona os catro compoñentes que necesita, info que podes repetir comprobando o banco de traballo da sala principal e tamén se menciona cada un dos compoñentes cando os consigues, pensamos que este método era máis óptimo de cara a jam antes de programar máis cousas JAJAJA. Con todo é bo feedback e si que estaría ben meter un caderno con "checks", por exemplo recollendo a axenda cuántica.