Encantoume o pixel art da historia e os avatares de Sabela, a protagonista. O deseño gráfico de niveis é simple, pero os puzzles están realmente ben feitos e son bastante desafiantes chegado certo punto. Avancei uns cantos niveis (8 ou 9), aínda non rematei.
O xogo require un pouco de pulido, pero tendo en conta o tempo da Game Jam, facer tantos niveis en progresión axeitada é todo un reto.
E en galego! Excelente un nome para un gato como o de Filloa ^^