Skip to main content

Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines

Boas, desculpade que contactemos así... 

Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para promover a creación dun prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico para os tres primeiros postos. Gustaríanos que participasedes e tamén que fagades difusión. 

Podedes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios 

(1 edit)

Perdoade, acabamos de velo comentario agora mesmo. Non podemos participar por entregas da universidade. Pero se precisades difusión aínda que as entregas sexan en pouco máis de 5 días podemos difundila pola Facultade.

Unha aperta e desexamosvos o mellor para a jam.

Falando co grupo pensamos que nos gustaría axudar e participar en posibles novas edicións da jam ou iniciativas parecidas. É posible usar outra forma de contacto como mail? moitas grazas

Boas,

Da primeira mensaxe, si por favor, facede a máxima difusión que poidades. Cantos máis participantes, mellor poderemos vender aos nosos patrocinadores vindeiras edicións.

En canto á segunda mensaxe, podedes escribirnos ao correo que figura na Gamejam (fundacioncarloscasares@fundacioncarloscasares.org) que aí ou nalgún correo similar vos contestamos. Coido que para o ano que vén, se temos capacidade para continuar coa iniciativa, podemos organizar algo máis elaborado e interesante. Calquera axuda, apoio, consello ou colaboración... Pode sernos de grande axuda!

Grazas a vós!