Boas,
Da primeira mensaxe, si por favor, facede a máxima difusión que poidades. Cantos máis participantes, mellor poderemos vender aos nosos patrocinadores vindeiras edicións.
En canto á segunda mensaxe, podedes escribirnos ao correo que figura na Gamejam (fundacioncarloscasares@fundacioncarloscasares.org) que aí ou nalgún correo similar vos contestamos. Coido que para o ano que vén, se temos capacidade para continuar coa iniciativa, podemos organizar algo máis elaborado e interesante. Calquera axuda, apoio, consello ou colaboración... Pode sernos de grande axuda!
Grazas a vós!