Skip to main content

Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines
(2 edits) (+1)

Efectivamente, houbo un moi bo nivel nos xogos desenvolvidos. Noraboa a toda a xente que participou! E grazas á Fundación polo esforzo de organizar unha jam coma esta.

Como preguntades por puntos de mellora: quizáis causou algo de confusión a diferenza entre o título "Dende o Galego, con Humor" coa temática "O universo narrativo de Un polbo xigante", que é algo máis aberto. É certo que o apartado de adaptación do tema fai algunha alusión ao uso do humor e o propio relato ten un carácter humorístico moi marcado, pero está claro que podían xurdir, e xurdiron dúbidas.

Correcto, tedes toda a razón ^^! 

Tomamos nota para aclarar mellor os conceptos de cara a vindeira edición (dados os resultados e os proxectos presentados queremos repetir e dotalo de mellores condicións e difusión).

Moitas grazas pola comprensión.