Skip to main content

On Sale: GamesAssetsToolsTabletopComics
Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines

Boas, desculpade que contactemos así... 

Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para promover a creación dun prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico para os tres primeiros postos. Gustaríanos que participasedes e tamén que fagades difusión. 

Podedes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios 

Moitas grazas pola información! Terémolo en conta por se alguén do equipo se anima a participar

Graciñas a ti!