Skip to main content

On Sale: GamesAssetsToolsTabletopComics
Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines

Boas, desculpa que contactemos así... 

Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participases se tes opción e tamén que fagas difusión. 

Podes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios 

Grazas!!

Boas, está posto nalgún sitio quen será o xurado?

Boas, en principio non imos comentar quen será o xurado, salvo que sexa realmente necesario facelo.

Si podo comentarche que actualmente está formado polo presidente da Fundación ou persoa en quen delegue (que se encargará da parte narrativa e lingüística), un perfil dun artista que se centrará na parte de deseño e arte (gráficos, son, música...), un perfil do mundo da docencia (universidade) relacionado co sector, e estamos aínda pechando unha desenvolvedora de videoxogos (estamos á agarda de que nos confirme que pode participar). Cando estea plenamente configurado, se credes que é necesario que se saiba a composición exacta, non nos importaría comentalo en absoluto.

Un cordial saúdo!!