Perdoa por ter unha vida e responsabilidades fóra da jam, supoño.
Non era a nosa intención a de ser "un insulto ao medio", senon que simplemente quixemos facer un xogo simple nos nosos ratos libres para poder así participar nunha jam que está enfocada na nosa cultura. Tendo en conta tanto o tempo que puidemos aportar coma a tradición do Santo dos Croques, parecíunos apropiado facer un clicker.
A parte disto, hei dicir que considerar os clickers "un insulto ao medio" paréceme, persoalmente, unha clarísima mostra de descoñecemento deste. Por simple que sexa un xogo, non deixa de ser unha mostra das ideas (xa sexa en programación, deseño, arte...) dos seus desenvolvedores. Un verdadeiro insulto ao medio é, por exemplo, o uso da IA xerativa. Non os xogos simples.