Vaia droga. Empecei a xogar e cando me din conta xa levaba hora e vinte. Do que máis lle botei en falta son atallos de teclado para colocar as distintas construcións sen ter que mover o rato e seleccionala cada vez que pos unha. Se tiveran atallos(con números ou cunha letra identificativa) sería moito máis axil toda a construción. Tamén no late game cundiría poder pinchar e arrastrar, pero bueno, cos atallos conformome XD
Tamén estaría ben ter unha pantalla de información na que consultar todas as mecánicas (Que se produce en cada sitio, que dificios se poden mellorar, que fan os gatos e onde saen. O feito de que se podan conseguir recursos pinchando neles cando aparecen…
Pero bueno, en xeral gustoume, é bastante adictivo. Igual algo de variación de música para cando xa se leven bastantes partidas. E tamén quizáis subirlle algo o volume dos sons que che avisan de que hai recursos para recollere (metal, pedra, gatos…).
Tamén non sei se a hai, pero unha táboa cos tempos que se aguantou ou algo. Mentres estou xogando non me queda claro qué daría maior puntuación. Coido que é a poboación ou os gatos pero non me quedou claro!