Desta volta, por desgraza, non foi posíbel participar, mais ogallá que a Game Jam siga a se celebrar en anos vindeiros. O videoxogo é o grande esquecido da cultura galega e non conservo moitas esperanzas de que acabe mudando. Por iso é importante que cando menos existan este tipo de iniciativas nas que o videoxogo e a literatura dialoguen.
Boas!!
Non te preocupes, terás unha nova oportunidade para participar en 2026. Pronto poderemos anuncialo oficialmente...
Dende a Fundación Carlos Casares estamos comprometidos dende hai xa bastantes anos co sector do videoxogo e tentamos xerar pontes e diálogos con outros sectores e industrias culturais e creativas, en especial coa literatura. Así que seguiremos a dalo todo ^^.