This jam is now over. It ran from 2021-03-02 09:00:00 to 2021-03-22 12:00:00. View 3 entries
Xa temos gañadores!
O xurado da game jam "Afonso X e Galicia" declarou por unanimidade gañador o xogo O mester, presentado por Carlos Balado e Pablo García de los Salmones. O xogo está concibido a partir da importante tradición musical das Cantigas de Santa María, converténdoa no elemento central do xogo ao propoñer duelos musicais entre personaxes do propio códice. O xogo conta con ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente.
O Mester by Pablo García de los Salmones, CarlosBalado (itch.io)
A game jam tamén recibiu outras dúas propostas: Decimus, de Xogon e Xurxo Diz, un xogo de dados, e Alfonso X y las cuatro cantigas, de macanaDEV, un xogo de plataformas en 2D.
Presentación
O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza a exposición “Afonso X e Galicia” na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O rico universo das Cantigas de Santa María, da Idade Media e do pensamento de Afonso X poden ser un excelente marco para ambientar e crear videoxogos.
O CCG, en colaboración con Videoxogo.gal (Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos) organiza esta game jam para difundir este importante legado cultural en novos públicos e soportes.
Axenda
Martes 9 de marzo de 2021: 10:00 - Comezo da Jam.
22 de marzo ás 13:00 – Peche do prazo de envío de xogos a itch.io.
30 de marzo – Fallo do xurado e declaración do equipo gañador.
16 de abril – Entrega do premio.
Tema da jam
A Idade Media, as Cantigas de Santa María coas súas innumerables historias e ilustracións, Afonso X e Galicia. Non é unha gran oportunidade de crear algo interesante? Podes atopar materiais de interese no web oficial da exposición: CCG - AXG (Afonso X e Galicia) (consellodacultura.gal).
Tamén podes seguir as nosas propostas e ideas (recollidas no códice das Cantigas de Santa María) para inspirarte no desenvolvemento no Twitter do @consellocultura, no hashtag #axg - Busca de Twitter / Twitter ou no hashtag #GameJamAXG #GameJamAXG - Busca de Twitter / Twitter.
Condicións e requisitos
As condicións e requisitos para a participación na jam serán os seguintes:
Premios
Xurado
O xurado estará formado polos seguintes profesionais e académicos relacionados co sector do videoxogo e os contidos interactivos.
Mª Luz Castro Pena. Profesora da Universidade da Coruña, directiva de Videoxogo.gal, desenvolvedora de videoxogos e socia de imaxin|software https://www.linkedin.com/in/luzcastro/
Carlos Pereiro. Xornalista, membro da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e editor da revista Morcego. revistamorcego.com
Manuel Gago. Xornalista, profesor asociado na Facultade de CC. Da Comunicación da Universidade de Santiago e director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega.
Criterios que se empregarán para a valoración dos videoxogos
Orixinalidade e adecuación ao tema.
Deseño (narrativa, gameplay, niveis, UX, etc.)
Arte (aspecto gráfico e visual, arte 2D, 3D, etc.)
Programación / Técnica
Música / Son
Valoración xeral
Código de honra e conduta
As persoas participantes comprométense a respectar e cumprir os requisitos establecidos para a participación na jam.
As persoas participantes comprométense a respectar as normas de convivencia en todos os foros de comunicación.
As persoas participantes comprométense á realización de xogos co fin de fomentar a súa creatividade respectando o dereito de autoría e reprodución de todos os compoñentes ou activos empregados para a realización dos xogos.
En ningún foro de comunicación nin nos xogos se tolerará ningún comportamento inapropiado, como pode ser a incitación á violencia, comportamentos irrespectuosos ou discriminatorios de calquera tipo. Tampouco se permitirá o uso destes foros con fins comerciais ou publicitarios de ningún tipo.
O incumprimento por parte dalgún dos participantes ou equipos dalgún dos puntos deste código implica a expulsión directa da jam e dos seus foros.
No submissions match your filter